Fonte de san Román (Saxamonde)

Localización ( Ver en Google Maps ) Á dereita de onde nos encontramos neste treito do Camiño Portugués, está a igrexa de Saxamonde e, moi preto, unha fonte que conta cunhas especiais características que fan dela un referente cultural en Redondela: a fonte de San Román de Saxamonde, situada ao lado da igrexa parroquial. O lugar en que se empraza esta fonte domina todo o val do río Maceiras e o Camiño de Portugués de Santiago que discorre polo seu interior, continuador no seu trazado da vía romana XIX construída no século II da nosa era. Neste val atopáronse dous miliarios: un deles do século II da nosa era, dedicado ao emperador Traxano Hadriano; outro de mediados do século IV da nosa era, dedicado ao emperador Decencio. Vinculada coa fonte está a igrexa de San Román de Saxamonde, tamén situada nun emprazamento que domina todo o val do río Maceiras. O seu adro ten unhas vistas panorámicas de todo este val que paga a pena admirar. O concello de Redondela, pola súa orografía, forma un anf...