Zacande (Camiño de Santiago)

O Camiño de Santiago vai atravesando todo este lugar de Zacande , primeiro estreitándose entre casas e despois ofrecéndonos á visión máis aberta de terras de cultivo, vivendas espalladas e unha zona de bosque contra o seu final. Cara a occidente temos o barrio lindeiro de Catapeixe e á súa dereita o de San Pedro, onde se sitúa a igrexa parroquial de Cesantes co seu extraordinario miradoiro sobre a ría. Estes dous barrios forman un conxunto continuado, máis numeroso e mesto de vivendas ao longo da estrada que comunica a vila de Redondela co alto de Cesantes. Ante nós, temos terras de cultivos hortícolas, pradarías, viñedos e vivendas espalladas por todo esta valgada. O conxunto destas leiras que temos á nosa vista son unha representación do que é o minifundio galego e dos usos que se lle dan. Este tipo de repartición hereditaria tradicional das propiedades foi creando ao longo dos séculos uns terreos tan reducidos que non producían máis que para unha economía agrícola de supervivencia f...