Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2025

Camiño Portugués de Santiago por Redondela

Imagen
Ofrecemos nesta ligazón unha guía cultural dos lugares emblemáticos do Camiño Portugués ao seu paso polo concello de Redondela. Son 11,5 km, de sur a norte, desde a capela de Santiaguiño de Antas en Mos (punto 1) ata o alto do Outeiro en Soutoxuste, no límite con Soutomaior. Para os peregrinos que pernocten en Redondela tamén se inclúe unha visita detallada pola vila, resaltada noutra cor diferente, con medio centenar de lugares, edificios e monumentos de interese comentados. Ao premer sobre a ligazón , abrirase Google Maps con todos os puntos do Camiño. Pulsando sobre cada punto, aparecerá o seu nome e poderemos acceder a unha breve explicación cunha ligazón a unha web con información máis completa e detallada de cada punto do Camiño. Ao longo do Camiño ofrécense variantes alternativas ben indicadas máis seguras para non atravesar zonas perigosas de tráfico. Tamén aparecen indicados os albergues que hai non concello co contacto de cada un.

Sociedade de Agricultores de Cesantes - Centro Cultural de Cesantes

Localización ( Ver en Google Maps ) O Círculo Cultural Recreativo de Cesantes atópase no barrio de Outeiro das Penas. Está situado á marxe dereita da estrada N-550 en dirección a Pontevedra, preto do colexio público local e rodeado de construcións de diversas épocas.   Historia Orixe e contexto histórico No ano 1903 constitúese a Sociedade de Agricultores de Cesantes, unha das moitas asociacións agrarias que xurdiron en Galicia a finais do século XIX e principios do XX. Estas sociedades nacían para defender os intereses dos labregos, principalmente contra os abusos dos foros, un sistema de arrendamento agrario que existía desde o Antigo Réxime. Cesantes, situada nunha comarca de forte tradición agraria, formaba parte do núcleo do movemento agrarista da provincia de Pontevedra, xunto a outras parroquias de Redondela, Lavadores e Teis.   En 1918, en pleno auxe das loitas agrarias, o edificio foi construído para consolidarse como sede da Sociedade de Agricultores y Gana...

Igrexa de Cesantes

Imagen
Localización ( Ver en Google Maps ) A igrexa de Cesantes atópase na zona máis elevada do núcleo de San Pedro. Cando entramos no seu adro asomámonos a un dos miradoiros máis fermosos de Cesantes sobre a enseada de San Simón e a ría na súa profundidade. Desde o miradoiro, dirixindo a nosa mirada cara ao norte, á nosa dereita, distinguimos a illa de San Simón e o areal ata a punta da praia.  Fronte a nós, cara ao oeste, temos o estreito de Rande, coa confluencia dos montes do Morrazo (pola dereita) e o monte Mirallo-Penide (pola esquerda). As súas costas están unidas pola ponte de Rande. Dirixindo agora a nosa mirada cara ao sur, á nosa esquerda, temos o porto pesqueiro e de recreo de Cesantes. Máis á esquerda desenvólvese todo o núcleo habitado de Catapeixe, que nos comunicaría coa vila de Redondela. Ao fondo, distínguese a parroquia de Cedeira bordeando o mar ata o estreito de Rande. Historia As primeiras referencias á existencia dunha freguesía é do século VI, cando esta parroquia ...

Miradoiro de Soutoxuste

Imagen
  Desde este miradoiro do Outeiro temos unha fermosa perspectiva da enseada de San Simón e o nacemento da ría de Vigo. No medio da enseada vemos dúas pequenas illas denominadas As Arbedosas . A súa denominación deriva do nome dunha árbore: o érbedo ou albedro . Debaixo da nosa posición está o barrio de Soutoxuste (Redondela) e a continuación, para a dereita xa entramos no concello de Soutomaior.  O Puntal é o promontorio, xa pertencente case todo el a Soutomaior, que se interna na ría. Á súa dereita está a poboación de Arcade , o lugar máis habitado do concello.  O seguinte lugar habitado seguindo a costa é Paredes , xa no concello de Vilaboa . O núcleo do concello de Vilaboa aparece mencionado a continuación. Os montes que podemos ver ao outro lado da enseada forman parte da denominada península do Morrazo, á que pertencen os concellos de Vilaboa, Moaña, Cangas, Bueu e Marín.  Outro promontorio que se atopa á beira do mar no outro lado da enseada é o monte do Cabal...

Igrexa de Vilar de Infesta

Imagen
 Localización ( Ver en Google Maps ) Esta igrexa está apartada dos núcleos poboacionais da parroquia, aínda que nas súas proximidades. O Centro Cultural de Vilar está situado a 180 metros de distancia, o Camiño Portugués de Santiago está a 350 metros, que coincide coa estrada que comunica Os Valos con Peinador.  Está emprazada nun espazo chan nun terreo cunha suave pendente descendente cara ao poñente. O adro está pechado por un muro baixo de cachotería de xisto e granito, e conta con cipreses e carballos no seu interior. Ao adro éntrase por dous accesos, un ao norte desde o torreiro, franqueado por dous piares con remates ornamentados, e outro ao poñente mediante escaleiras para salvar o desnivel.  Unha curiosidade que presentan estas escaleiras é que cada un dos chanzos é unha lápida sepulcral, de cando a xente se enterraba baixo terra. A maioría delas conserva as inscricións referidas ao datos da persoa que estaba enterrada debaixo de cada unha. Descrición Igrexa de pl...

Casa indiana "O Bosque"

Imagen
 Localización ( Ver en Google Maps ) Na rúa da Pantalla , do barrio do Coto, en Cesantes, atopamos este fermoso exemplo arquitectónico de casa indiana en Redondela. O acceso á propiedade realízase a través dun portón de entrada columnado, coa identificación da casa, "O Bosque",  que nos conduce por un extenso paseo cuberto de arcos metálicos de viña ata a entrada principal da vivenda. Historia e tipoloxía As casas indianas son aquelas que presentan unhas características construtivas, diferentes ás edificacións tradicionais galegas, como consecuencia do primeiro gran movemento migratorio producido entre a segunda metade do século XIX e as primeiras décadas do XX.  Presentan un gran porte e elegancia construtiva que responde ao esquema de vivenda unifamiliar independente rodeada de natureza viva e que se complementa con construcións anexas.  A palabra "indiana" fai referencia ás persoas emigradas ao continente americano que fixeron fortuna e edificaron na súa terra na...

Mámoa de Chan das Pipas

Imagen
  Localización ( Ver en Google Maps ) Está mámoa pertence á parroquia de Saxamonde , e está situada na área de Chan das Pipas, no barrio de Casal do Monte , no lugar denominado As Mouras .  Esta mámoa forma un conxunto de catro exemplares xunto coa mámoa de Santiaguiño de Antas , a mámoa dos Valos 1 e a mámoa dos Valos 2 . Se existiron máis nesta chaira, tanto a construción dos campos de fútbol como das naves industriais se encargaron de arrasalas e facelas desaparecer. Por outra banda, tamén hai que salientar que está a beira do Camiño Portugués de Santiago, na marxe leste, ao carón dunha área forestal de descanso. Descrición O diámetro norte-sur é de 22 metros e o diámetro leste-oeste é de 18 metros.  A altura do túmulo é de 1,10 metros.  Non contén ningún chanto de pedra no seu interior. Pode observarse o cono de espoliación, de entre 6 e 7 metros de diámetro e unha profundidade de 0,70 metros, resultante de abrir a mámoa pola parte superior e quitar todas as lou...

Mámoa dos Valos 2

Imagen
 Localización ( Ver en Google Maps ) Esta mámoa está situada no lindeiro entre os concellos de Redondela e Mos, dentro da parroquia redondelá de Saxamonde.  Vinculada con este túmulo está a mámoa dos Valos 1 , situada a 65 metros en dirección sueste, xa pertencente ao concello de Mos, na parroquia de Louredo. A estrada que comunica o alto dos Valos co núcleo da parroquia de Vilar pasa entre as dúas mámoas. Descrición No túmulo que se conserva na actualidade hai unha diferenza de dous metros no diámetro entre o eixo norte-sur, que ten 21 metros, e o eixo leste-oeste, que ten 23 metros. A altura é de 1,15 metros. Non contén ningún chanto de pedra no seu interior. Na parte superior da mámoa pode observarse o cono de espoliación característico de moitos destes túmulos, que se produciu ao sacar todos os chantos que contiña no seu interior. Sobre o túmulo medran varias árbores que é moi importante que se eliminen para evitar a deterioración da mámoa. As raíces das árbores constitúen...

Mámoa dos Valos 1 (Mos) GA36033045

Imagen
 Localización ( Ver en Google Maps ) Baixo a denominación de mámoa dos Valos ou mámoa do Monte Fermoso, pertence á parroquia de Louredo (concello de Mos). Está situada no límite co concello de Redondela e moi próxima a outra denominada mámoa dos Valos 2 , xa no concello de Redondela, que está situada a 65 metros en dirección noroeste. Ambas as dúas mámoas están situadas a cadanseu lado da estrada que comunica o alto dos Valos con Peinador. A mámoa dos Valos 1 localízase apenas a dez metros da estrada e vese perfectamente o seu promontorio tumular que a identifica. Descrición O diámetro é de 18,5 metros e a altura do túmulo é de 1 metro.  Non contén ningún chanto de pedra no seu interior. Pode observarse o cono de espoliación resultante de abrir a mámoa pola parte superior e quitar todas as lousas que formaban a cámara mortuoria. Sobre o túmulo de terra que cubría a cámara do dolmen medran algunhas árbores e arbustos que sería necesario eliminar para que non deformen a mámoa co...